Club Socio Galería Circular

COMECE FACILMENTE A SÚA COLECCIÓN

A nosa vocación é facer accesible, a calquera persoa, o coleccionismo de obra gráfica, a un prezo razoable e sustentable e sen que teña que desembolsar nun único pago o importe da súa compra.

Galería Circular ofrécelle un sistema de cómodas cotas, dende 15 euros, que permitan a adquisición de obra gráfica e libros de artista. Dunha maneira fácil, e para  todas as economías.

VANTAXES

Descontos:

  • Os socios gozarán dun desconto especial do 10% para as compras de obra nas exposicións temporais que se realicen en galería Circular.
  • Desconto básico do 10% na adquisición de obras do fondo da nosa galería
  • Desconto do 10% en servizos de enmarcación
  • Desconto do 10% en compras en Impresionarteshop

Compra con pago aprazado e sen intereses.

  • Posibilidade de compra con pago aplazado e sen recargo de intereses.

Desde o seu ingreso no club, o socio pode realizar a compra que desexe.

Se satisfai polo menos o 60% do prezo da obra, co saldo dispoñible na súa conta de socio ou pagando en efectivo.

O importe restante deberá ser satisfeito no prazo máximo de seis meses coas súas cotas mensuais. Mentres quede pendente algún pago de compras anteriores, as novas compras deberán abonarse en man.

Para os socios de países non comunitarios, serán estudadas caso por caso.

Compromisos dos SOCIOS

  • Os socios comprométense cunha cota que eles fixen, a partir de 15 euros. En concepto de provisión de fondos para a adquisición de obra gráfica, libros de artista ou carteis. Esta cota estará domiciliada e deberase nos cinco primeiros días de cada mes.
  • O compromiso do socio establécese por un ano renovable, aínda que poderá darse de baixa a partir do ano no momento que o solicite con dous meses de antelación. Todos os dereitos do socio manteranse por un ano a partir da baixa do mesmo, sempre que acumule unha antigüidade dun ano. O saldo acumulado utilizarase para a adquisición de obra, coas vantaxes do socio e con límite dun ano. En ningún caso realizarase o abono en metálico desta cantidade.

Boletín de ahdesión

Si, inscríbome como socio no Galería Circular por 1 ano e abonarei unha cota mensual . As cotas acumuladas son pagos a conta das miñas compras. Por iso non poderei solicitar a súa devolución.
Ao finalizar o ano, se non aviso con dous meses de antelación, renovo automaticamente o continuar como socio.
En caso de non querer renovar a subscrición, ao cursar baixa terei un prazo máximo de 12 meses para aplicar o meu saldo acumulado, na compra de obra do catálogo de Galería Circular. De non facelo perderei todos os meus dereitos.

Datos Socio

Nome e Apelidos(*)

NIF (*)

Direción(*)

C.P.(*)

Teléfono(*)

E-mail (*)

Datos Bancarios

Entidade bancaria(*)

Titular da conta (*)

Número de conta, 20 díxitos(*)

Cota Mensual(*)(15€ mínimo)

Información legal:

En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os seus datos persoais quedarán incorporados en ficheiros responsabilidade de CIRCULAR GALERIA S.L. rexistrados na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de achegarlle información sobre novos produtos, promocións e demais novidades do seu interese; ao mesmo tempo, poderá beneficiarse de descontos nos produtos que adquira.

Os datos que se lle solicitan resultan necesarios, de maneira que de non facilitalos non será posible a prestación do servizo requirido; neste sentido, Vostede consente expresamente a recollida e o seu tratamento para a citada finalidade.

En todo caso, pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á sede, sita en Rua Lobariñas 9 – Allariz (Ourense).

Rogámolo que no suposto de producirse algunha modificación nos seus datos persoais, nolo comuníque co fin de manter actualizados os mesmos.